O Cidade calla de novo un bo encontro na Gándara e vence ao Korreo Guitiriz

  • O marcador arroxou un resultado final de 7-4 con tantos de Migui (2), Iván (2), Guille, Paulo e Lucas

Narón, 8 de febreiro de 2025.- O Cidade de Narón sumou unha nova vitoria na Gándara ante o equipo lucense O Korreo Guitiriz. O encontro, correspondente á vixésimo primeira xornada da Terceira División Nacional, rematou cun contundente 7-4 grazas ao bo acerto dos naroneses en ataque, que acosaron a portería visitante ao longo dos 40 minutos de xogo.

O partido arrancou cun Cidade con moita intensidade que axiña deixou xogadas con moito perigo ante a porta ben defendida por Martín. Tanto foi así que no minuto catro, Guille anotou o primeiro tanto local logo dun bo tiro cruzado.

O primeiro tanto naronés en subir ao marcador deu máis confianza aos xogadores de Javi Albes, que continuaron asediando a portería visitante ata que nunha gran xogada colectiva e tras un rexeite, Migui aproveitou para coller o balón dentro do área e enviar a bola ao fondo da rede, poñendo o 2-0.

Aínda dispuxeron de mais oportunidades os de Narón para abrir brecha, ata que no minuto 15 Iván anotou o 3-0, o que obrigou ao Korreo a subir liñas e abrir o partido para intentar meterse nel. E nesas chegou o primeiro gol dos de Guitiriz, que tras unha perda de balón do Cidade foi aproveitada por Asier para anotar.

Con 3-1 o equipo visitante se veu arriba e a piques estivo de reducir a vantaxe senón for por unha excelente intervención de Iker no bordo da área, que desbaratou o un contra un dos visitantes e mantivo a distancia de dous tantos a favor dos locais.

No segundo tempo o Cidade arrancou con moita intensidade pero cedendo campo a Korreo Guitiriz, que empezou a xerar perigo na porta defendida, nesta ocasión por Buxía, con varias ocasións claras que os naroneses conseguiron frear. Pero nunha boa xogada de banda entre Pablo e Migui, chegou o cuarto gol do Cidade.

O encontro se puxo de cara para os de Narón pero nun arreón dos xogadores lucenses, estes aproveitaron un rexeite para anotar o segundo tanto e acurtar distancias.

Sen embargo, o Cidade de Narón non perdeu intensidade e unha gran acción individual de Lucas que saíu con balón desde cancha propia serviu para que este se apuntase o quinto gol local.

O Korreo seguiuno intentando e un novo roubo de pelota permitiu aos de Guitiriz acurtar de novo as distancias cun gran tiro exterior. Pero o Cidade non baixou os brazos e foi Paulo o que anotou o sexto logo dun tiro esquinado.

Malia que Korreo tentou meterse de novo no encontro cun novo tanto, foi Iván que, logo dun rexeite, anotou o sétimo e definitivo gol dos naroneses.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Iker, Diego, Guille, Luis e Miguel. Tamén xogaron Buxía, Iván, Lucas, Paulo, Héctor, Lautaro e Pablo.

O Korreo Guitiriz: Martín, Alberto, Esteban, Diego e Daniel. Tamén xogaron Diego Fernández, Diego Carreira, Asier, Antón, David e Jacobo.

Goles: (1-0) min. 4, Guille; (2-0) min. 14, Migui; (3-0) min. 15, Iván; (3-1) min. 16, Asier; (4-1) min. 21, Miguel; (4-2) min. 24, Asier; (5-2) min.24, Lucas; (5-3) min 26, Diego Fernández; (6-3) min. 27, Paulo; (6-4) min.30, Diego; (7-4) min. 39, Iván.

Árbitros: Sergio Blanco e Héctor Pérez (C.T.A. Galego).

Pavillón: Pavillón Municipal A Gándara (Narón)