O Cidade acada un valioso empate a domicilio ante o Pazos de Borbén
-
O tanto anotado por Lucas no minuto 27 serviu para que os naroneses igualaran un partido moi disputado e intenso, que se poido decantar para calquera dos dous equipos
Narón, 2 de marzo de 2025.- O Cidade de Narón acadou un valioso empate no encontro celebrado esta fin de semana fronte a Pazos de Borbén. Un partido moi disputado por parte dos dous equipos que ben se poido decantar para calquera deles, xa que ambos dispuxeron de boas ocasión para anotar na portería rival. O choque finalizou con igualdade no marcador gracias ao tanto anotado mediado o segundo tempo por Lucas, que poñía o 1-1 no marcador.
O encontro tivo dúas fases diferenciadas. O primeiro tempo empezou cun roubo de balón de Luís que a piques estivo de se converter no primeiro tanto para os naroneses. Unha xogada que foi desbaratada antes de que o balón cruzara a liña, pero que serviu para que o Cidade fose collendo confianza.
Entre mentres, o Pazos creaba perigo na portería de Buxía mediante accións de estratexia tanto de banda como de saque de esquina con tiros exteriores. De feito, os locais puideron poñerse por diante logo dunha acción na que o balón rebotou no pao logo dun tiro exterior e un xogador local acabou de novo enviando ao traveseiro.
Pero malia que o Pazos redobrou esforzos para anotar o primeiro do partido, o Narón traballou moi ben as coberturas defensivas e foi subindo liñas. Tal foi así que nos últimos compases do primeiro tempo, o Cidade púxolle moi difícil a saída de balón en presión ao Pazos e a piques estivo de adiantarse no marcador.
O segundo tempo arrancou cun Pazos que adiantou liñas, subiu a presión e dificultou a saída de balón do Narón que o intentou á contra. Pero esa maior intensidade do xogo do equipo local propiciou que no minuto 22, Martín adiantase ao seu equipo logo dun erro dos naroneses no medio do campo.
A presión alta dos locais volveu dar os seu froitos pouco despois, cun tiro ao pao de Jacobo pero pouco a pouco o Narón foi subindo liñas, foi apertando e logo dun saque en longo de Buxía que non chapou o porteiro local, Lucas enviou ao fondo das mallas.
O Cidade comezou a sentirse cómodo na cancha e mediado o segundo tempo colleu algo máis de ritmo co balón. Ese bo momento de xogo do equipo naronés a piques estivo de supoñer o seu segundo gol grazas a unha grandísima xogada persoal de Migui que non foi quen de finalizar.
Na recta final do encontro, o Cidade se atopou cun equipo local que baixou un pouco o pistón ao acumular cinco faltas pero que non renunciaba a levarse os tres puntos, o que obrigou aos de Javi Albes a intensificar o bo traballo defensivo que realizaron ao longo dos 40 minutos de partido.
O choque rematou con empate a 1 no municipal de Pazos de Borbén, nun partido no que ambos equipos apostaron por sumar e non asumir máis riscos dos necesarios.
Ficha técnica:
Pazos de Borbén: Xairo, Luis, Aarón, Jacobo e Martín. Simón, Jonathan, Diego, Alfredo, Manuel e Pablo.
Cidade de Narón: Buxi, Guille, Lucas, Diego e Héctor. Tamén xogaron Luis, Paulo, Lautaro, Pablo, Javi e Migui.
Goles: (1-0) min. 22, Martín; (1-1) min. 27, Lucas.
Árbitros: Carlos Jesús González e Rafael Alberto Tovar (C.T.A. Galego).
Pavillón: Pavillón Municipal Pazos de Borbén (Pazos de Borbén)